Redacción de la Semana de las Ciencias por Brais González y Sergio Mosquera

Na Semana das Ciencias paseino moi ben. Na clase fixemos Tangrams; Clara, Javier e Pablo quedaron empatados. Tamén fixemos un experimento no laboratorio, mesturamos auga morna con galleta en po e auga con fermento. O resultado foi que o fermento “comeu” a galleta e quedou branca, é dicir, creceu. Mentres que o fermento en auga e sen galleta non “fixo” nada. Rímonos un montón cando Cristian tirou o vaso con fermento e galleta. E os castigados foron os de sempre: Cristian, Dani e Alberto. Na entrada do colexio había: circuítos de bolas, pontes e redaccións. ¡Ah! ó laboratorio veu unha señora (da que non me lembro o seu nome) e fíxonos fotos e un experimento. Este era un volcán en erupción. Ela botou pemento, bicarbonato e vinagre dentro do volcán é ... ¡Sorpresa! O volcán entrou en erupción.

Brais González

Na Semana das Ciencias fixemos un “Tangram” que o repartían polas clases. Todos fixemos unhas figuras, á que mellor lle saíu foi a Clara. A min, máis ou menos, saíume pero non tan ben como a Clara. Ao seguinte día na hora de “Coñe” fomos ao laboratorio e fixemos un experimento con fermento, galleta esmagada e auga temperada. Esperamos uns dez ou cinco minutos e non pasaba nada. Despois veu a “profe” Victoria e sacounos fotos e mostrounos un volcán que levaba pemento picante, bicarbonato e vinagre ¡Fixo unha erupción impresionante! Ao día seguinte a “profe” Flori tróuxonos os vasos co fermento crecido. Entonces, explicounos que o fermento é un fungo e que se alimenta con algunhas cousas.

Sergio Mosquera

No hay comentarios: